Buscar
Carpetas para a recollida de exemplares.
- fitofaladoirons
- 2 dic 2015
- 1 Min. de lectura
Ao comezo de curso propúxoselle ao alumnado a elaboración de carpetas con materiais de refugallo para a recollida de plantas. Nas seguintes imaxes podedes ver distintos modelos deseñados por alumnos e alumnas de 1º ESO (Teresa, Iria, Laura e Mario) feitos con cartóns, caixas, teas...
Se tedes intención de coller plantas dun tamaño maior ao das carpetas ou unha grande cantidade de exemplares, recomendamos o uso dunha bolsa de plástico para manter a humidade destes. Na casa ou no laboratorio xa teremos tempo de organizalos para o posterior prensado.
Commentaires