top of page

 

 

 

Diario Botánico
Alumnado de 1º ESO A
 

 

 

   

DARÍO CAMIÑA NÚÑEZ

     Eu son unha pequena planta, que non destaca, chamada Pepe Pirixel. Sendo semente non sentía moito, unha sensación de, non sei, absorber. Un día, crecín un pouco, o outro día máis, e, sen darme de conta, emerxín. Estaba rodeado de, como dicilo, mins. Os días pasábanme lento, eran aburridos, pero as noites xa eran máis interesantes. Pasaban arredor miña grilos, saltóns... víanse  ao lonxe luces de cidades, a!, por certo, nacín nun lugar alto, bonito, estaba rodeado de outras plantas que non coñecía de nada, pero estaban lonxe miña, como a cen ou cento vinte follas de distancia. A  miña familia contábame historias para que non me aburrira , historias como ''A margaridiña valente'', ou ''Brancacactus''. A comida non sabía sempre igual, pero sabía ben, en xeral. Gústame a sensación de notar algo subíndome polas raíces, notar os raios do Sol atravesando as miñas follas, dáme enerxía (para algo comemos). Un día un home dirixiuse cara ás outras plantas, polo que escoitei chamadas ''marihuana'', colleu unhas poucas, queimounas e acercounas á boca. O rapaz pareceu delirar un pouco. No seu delirante baile achegouse a min e deitouse, queimándonos a todas cunha cinza do seu chisqueiro... agás a min, ao que levou á súa casa e meteu nun bote.

     Rodeado de outros coma min, sigo alí, vendo cal será o meu destino...

IRIA VILLANUEVA SÁNCHEZ

     Ola, eu son Margarida, vivo nunha finca con vistas á praia, co mar de fondo.

     Hoxe vai Sol, que é unha cousa sensacional. A verdade é que non me gusta o frío nin a chuvia, o que máis me gusta é o Sol, porque unha vez que miras o Sol todos os insectos veñen a xunto túa e revoan ao teu arredor. O único inconveniente é que nestes tempos veñen os paspáns estes chamados humanos cos seus cans que méxanme por riba. Creo que o peor son os humanos... Onte, sen ir máis lonxe, levaron a miña irmá. Que lles faría ela? Estabamos falando e de súpeto chegou esa rapaza de carrapichos que ven todos os anos, arrincouna, berrou, pero eu xa non fixen nada. Sacoulle todos os pétalos un por un, dicindo, quéreme, non me quere... Oxalá non a queira ninguén, en fin, son cousas que teño que superar.

    

     A outras amigas leváronas pero non lles fixeron nada. Ata que un día, descubrimos a Carmela, vaia, o que quedaba dela, estaba xunto a algo que cheiraba a raios, na finca do lado. Falámoslle, pero non deu sinais de vida.

    

     Estouvos dicindo isto porque sei que o meu final chegará pronto.

    

     Estou deitada na praia, si, colléronme. Os meus pétalos e o meu talo estanse poñendo marróns, sinto como se me vai a vida. CHAO!!

MARTÍN GONZÁLEZ COMEDEIRO

     Eu son unha alga, si, unha alga.

 

     Non sei como nacín, simplemente aparecín nunha rocha, non sei quen é a miña familia. Tardei en darme conta de que estaba pechada nun cárcere de cristal, con peixes, peixes grandes. Vin polo cristal un sinal no que poñía “acuario”, ao parecer o meu cárcere chamábase acuario. Uns días despois, no cárcere de enfronte, unhas persoas plantaron unha alga, unha alga preciosa (gustábame moito).

 

     Aquí síntome irritada, sinto que as persoas só veñen para ver os peixes e que eu son unha decoración.

 

     Non contara como segue a historia, segue dunha forma un pouco estraña.

 

     Eu estaba nunha rocha e por cima tiña máis rochas e tamén polos lados. Menos por diante, estaba oculta. Por eses días o número de persoas reduciuse, ata o punto de que non viña ninguén. Só un día veu un equipo de persoas a por todos os peces e plantas, a min non me encontraron.

    

    Agora vivo aquí, soa.

MIGUEL LEAL FERNÁNDEZ

     Eu son Plantis Pinchus Pinas, unha aloe vera. Por accidente, cando só era unha semente, caín nun acuífero. Alí tiña auga de abondo, mais o sol só chegaba por un burato e só podía comer unha hora ao día, na que comía todo o que podía e aguantaba un día sen comer. Non tiña compaña, ata que, un día, un rapaz meteu sen querer o pé no burato por onde chegaba o sol. Cando sacou o pé, miroume, e ao día seguinte tres sementes.

       Hoxe teño unha gran familia a que coidei coma se fosen as miñas aloe veras, pero son unha rosa, unha margarida e unha papoula. Vai calor, todo está deserto, non hai animais, nin persoas, nin insectos por aquí. Só eu, bebendo unha refrescante auga, e as miñas queridas fillas, durmindo.

      Agora síntome máis escura e sen forzas, caio ao chan, desganada, a vida pasa por diante dos meus ollos, recordo a miña bonita infancia, pero agora estou morrendo. Adeus.

TERESA CAMILA BERNÁRDEZ LÓPEZ

     Eu son unha maceira e non teño nome, pero os meus amigos chámanme Clorofila.

     Miña nai era unha destas árbores que están nunha finca moi grande con outras froiteiras, o seu labor era producir mazás. Nunha destas mazás estaba eu agochadiña, aínda era unha semente.

    

     Un día vin a luz por primeira vez. Un rapaz estaba comendo a mazá dende fóra, despois de terminar tiroume no monte por onde ía el camiñando. Era verán e ía moita calor, pouco a pouco afundinme na terra. Non había moita auga, pero conseguín saír ao exterior. Abaixo  só pasaban as toupas, pero aquí fixen un amigo, era un carballo da miña idade e portábase ben comigo, non como os piñeiros que nos tiraban piñas, tamén odiaba a xente que   gravaba iniciais nos troncos das árbores e as enredadeiras que rouban auga .

 

     Un día de primavera, chegou un señor e arrincoume do chan .

 

     Pronto cheguei a unha casa con  máis árbores e máis auga, pero todos os da miña idade estaban no outro lado da finca e eu non me podía mover .

 

20/04/16

 

     Hoxe naceu un carballo ao meu carón, hai uns días que un paxaro trouxera a semente. Empezoume a falar de Landra,  e díxome que era fillo seu, deume moitos saúdos dela. Eu tamén mandeille ao paxaro que levara unha semente miña para  o monte, onde estaba o meu amigo, así faríalle compaña.

bottom of page