
RÍO BISPO
Os días 15 e 16 de marzo organizamos, co alumnado de 3º ESO A e B e 4º C, unhas pequenas andainas polo carreiro fluvial que discorre pola beira do río Bispo de Bueu. Nesta saída os alumnos e alumnas investigaron o terreo na busca de plantas que posteriormente analizaron e prensaron no Laboratorio do centro.
Aproveitaron tamén a ocasión para intentar facer algunha entrevista ás persoas que adoitan traballar as leiras que están onda o río. Ana Vilas (3º ESO B) conseguiu unha informante de excepción, Josefa García Nantes, unha muller moi atenta que falou dalgunhas características das plantas da zona e mesmo nos convidou a entrar na súa horta para ensinarnos algunhas das especies que ten plantadas.
Podedes escoitar unha parte da entrevista no seguinte reprodutor:
AUDIO RÍO BISPO.
IMAXES DA RECOLLIDA DE MOSTRAS
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
IMAXES DA IDENTIFICACIÓN, ETIQUETADO E O PRENSADO DAS MOSTRAS



































