top of page

ILLA ONS

    Inicialmente tiñamos previsto realizar unha saída durante o mes de maio á Illa de Ons, pero por cuestións de organización decidimos suspendela. Unha parte do noso alumnado ten familia con vivenda ou terreos nesa zona, polo que agardamos obter algunha entrevista.

   

    Por outra banda conseguimos información da flora das Illas Ons e Onza través de dous estudos: un traballo de licenciatura "La vegetación y la flora de las Islas Ons y Onza" do coñecido Santiago Castroviejo Bolíbar e un artigo sobre "La medicina popular en la Isla de Ons" de María A. Castroviejo, publicada no tomo XXXV dos "Cuadernos de estudios gallegos" no ano 1984.  A nosa intención de cara ao futuro é traballar cos contidos destes estudos dun xeito parecido ao que fixemos co arquivo fotográfico de Cabo Udra, contrastando cos datos que nos poden aportar as familias e veciños das Illas sobre os nomes das plantas descritas.

bottom of page