
HERBARIO
Durante o mes de marzo, nas distintas saídas organizadas polo centro, fixemos prácticas de recollida de mostras, etiquetado e prensado. Ademais, ao longo do curso, o alumnado foi traendo plantas prensadas e/ou frescas, para facer o labor de prensado no laboratorio do instituto.
Con todo este material organizamos un herbario e unha exposición, na que os rapaces e rapazas de todo o instituto puideron utilizar a aplicación AURASMA (realidade aumentada) instalada nos iPad do centro, para visualizar sobre as mostras prensadas a fotografía de cada exemplar na súa contorna natural.
Coa aplicación instalada no móbil ou tableta, podes escanear as imaxes que aparecen máis abaixo e comprobar o seu funcionamento.






































Nesta exposición, ademais das plantas prensadas, foron expostos os traballos artísticos realizados polo alumnado de 1º e 4º ESO e o libro-herbario sobre as herbas de San Xoán, elaborado pola alumna Ana Cortizo Moledo (3ºA) que inclúe fotografías, mostras prensadas e información de cada unha das plantas.
Tamén foron expostas as prensas utilizadas para secar as plantas e os libros que consultamos durante o desenvolvemento do noso proxecto:
-
VV.AA. Plantas medicinales y curativas: Atlas ilustrado, Susaeta, 2011.
-
VV.AA. Herbario de plantas silvestres, Larousse, 2009.
-
SANMARTIN, L.A. e LAGO CANZOBRE, H., Flora do litoral galego, Xerais, 1998.
Ademais, os alumnos e alumnas puideron participar nunha proba de identificación olfactiva dunha serie de plantas aromáticas.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |