top of page

Traballos artísticos de 4º ESO B

  • A interpretación das formas
  • 10 jun 2016
  • 1 Min. de lectura

Na materia de Educación Plástica e Visual, o alumnado de 4º ESO B traballou a partir de mostras prensadas e de imaxes de libros de plantas do litoral. Tras observalas con calma debían facer un remuíño de ideas individual, establecendo relacións de semellanza entre as plantas ou algunha parte delas e calquera outra forma que lles viñera á cabeza. Despois de anotar todos os símiles, e de debater e compartir cos compañeiros as ideas, debían facer bosquexos dalgunhas ideas, anexionando a planta á forma coa que a relacionaban.

Debuxo a partir dun rosal, tremedeiras-crisálides de bolboreta, corazón de bidueiro, bailarina con saia de castiñeiro, bailarinas con tutú de xinkgo, metamorfose humana, metamorfose dunha ra... son algúns dos resultados acadados nesta actividade.

Na páxina de infografías desta páxina web podes ver o proceso de creación dalgunhas destas imaxes e unha explicación das técnicas utilizadas.




 
 
 

Comentários


Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
Follow Us
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic

© 2016 por Fitofaladoiro Ons. Creado con Wix.com

bottom of page