Composicións de 1º ESO
- Estampas e poemas de Manuel María
- 8 jun 2016
- 1 Min. de lectura
Durante a semana das Letras Galegas, nos grupos de 1º ESO fixemos prácticas de estampas de distintas follas recollidas e prensadas no outono, aproveitando que estabamos a traballar na aula o tema das texturas.
Dado que Manuel María ten unha grande cantidade de poemas centrados en diferentes plantas e árbores da nosa terra, propúxoselle ao alumnado e elaboración dunha composición de texto e imaxe, baseándose nalgún dos poemas e utilizando o tórculo de gravado para estampar unha folla, flor, talo ou raíz dalgunha planta.
Os resultados mostraranse, xunto cos de 4º ESO, na exposición do herbario prevista para finais de curso.
Nas imaxes podemos ver as distintas prácticas de estampado co tórculo e algunhas das composicións realizadas.
Comments